Festas gastronómicas
A gastronomía de Ribadeo destaca especialmente pola calidade dos produtos do mar e da ría e da súa horta. Como honra desta riqueza gastronómica, cada ano teñen lugar as seguintes celebracións:
Festa do Percebe

Entre o mes de xullo e agosto, en función das mareas, celébrase na localidade de Rinlo (San Pedro) a Festa do Percebe, onde se poden degustar este e outros mariscos nos establecementos e na carpa instalada para a ocasión no enclave mariñeiro.
Festa da Carne ao Caldeiro
A Festa da Carne ao Caldeiro celébrase no mes de agosto no val de Remourelle, (Arante), onde ten lugar unha degustación popular dese tradicional prato (tenreira galega cocida con pemento). A convocatoria e a organización corren a cargo dos veciños e do local comercial e hostaleiro do enclave, onde a gandaría é o eixe da vida económica.
Ribadeo de Tapeo

Cada ano celébrase o evento Ribadeo de Tapeo, que anima a degustar a cociña ribadense en pequenas doses nos diferentes locais participantes.
Arredor deste evento teñen lugar diversas iniciativas e concursos, coma o Concurso de Microvídeo, a Escapada Gastronómica e a Campaña desTapemos a igualdade.