Facer

#RibadeoXNatural

O Renacer do Cantil

de balde
* Tarifa con período de vixencia limitado

Cada ano neste tempo, a natureza énchese de vida, impregnando de presenza e personalidade as nosas impoñentes paisaxes. Cada ano, despois da quietude do inverno,a natureza renace agasallándonos con aromas, texturas, imaxes e sons que alimentan os nosos corazóns e que nos convidan a sentir a vida en plenitude. “O Renacer do Cantil” é unha invitación a compartir ese renacemento, a sintonizar coa forza e alegría da natureza dos nosos cantís nestes meses de primavera e beneficiarse dos seus efectos, a gozar dos nosos privilexiados escenarios desde un lugar máis íntimo.

Qué é o Renacer do Cantil?

Un programa de actividades realizado por profesionais e expertos nas materias que imparten, onde a natureza é escenario ou argumento.

Cándo?

Días de fin de semana de maio e xuño: 7, 14, 15, 21 e 28 de maio e 5, 18, 19 e 24 de xuño.

Ónde?

Cada actividade terá a súa propia localización, preferentemente en zonas costeiras de cantil.

Para qué?

Para gozar da costa con novas propostas e beneficiarse dos seus positivos efectos. Cada persoa interactúa co entorno natural segundo a súa personalidade, máis a sensación de benestar e desintoxicación do estres diario, é un dos beneficios máis compartidos.

Cómo participar?

A participación é gratuíta e, limitada a vinte persoas no caso dalgunhas actividades.

ACTIVIDADES:



ACTIVIDADES: ACTIVIDADE 1  _ Sábado 7 de maio. “O Bardo do Cantil” Suso Martínez. Actor e guía turístico. 

Hora: 19:00 h
Duración: sobre 40 minutosLugar: Illa Pancha Coordenadas: 43.55549, -7.04252

        Suso Martínez, proponnos unha viaxe imaxinaria, unha declamación pondalianda en clave mitolóxica. “Pondal, o cantor dos celtas, na costa verdecente”. Un relato, acompañado pola música do “Cuarteto Tradicional Illa Pancha”, no que o universo mítico dos cantís e do mundo celta serán protagonistas: os celtas, os topónimos como Ove, Eo, o mundo heroico de Brandomil e Cairbar, ou Nicer -príncipe dos Albións-, Britania e Irlanda mar por medio…  

Sen límite de prazas.


ACTIVIDADE 2  Sábado 14 “Arrolos do cantil” Vanessa González Suárez de “Siete ranas verdes”.Profesora de ioga e guía de baños de bosque.

Hora: 11:30 h
Duración: 1 hora y media.
Lugar: Piñeira - Coordenadas: 43.55173,-7.07101
Número máximo de participantes: 20 persoas
Materiais: recoméndase traer unha mantiña    

    Para alonxarse do trafego diario e mergullarse na natureza, “Arrolos do Cantil” é  unha actividade dedicada ao benestar físico e mental, a través de técnicas de relaxación na natureza, respirando aire fresco, apreciando o entorno, escoitando o son das ondas, sentindo a suavidade da herba fresca e os suxerentes aromas do mar.

Pincha aquí para inscribirte

ACTIVIDADE 3  _ Domingo 15 de maio. “Tai Chi no Cantil” Héctor Peña Díaz. Cinturón Negro 3º Dan de Taiji Quan, instructor nivel 2 pola Federación Española de Kickboxing e Muay Thai do Consello Superior de deportes.

Hora: 11:00 a 13:30 h
Punto de encontro: O Cargadoiro
Número máximo de participantes: 20 persoas

Como enuncia un proverbio popular chino: “O practicante de Tai Chi adquire a forza dun leñador, a flexibilidade dun neno e a sabedoria dun vello”. Co marabilloso escenario do noso mar de fondo, Héctor Peña Díaz introdúcenos no universo desta arte marcial que propicia a calma e o equilibrio interior, a través dunha charla inicial sobre os princípios do Yin-Yang e os cinco elementos, continuando coa práctica das “Oito Xoias” -táboa clásica de Qi Gong de oito movementos- e rematar cunha demostración das formas de Tai Chi, incluindo o manexo de abanico, a Espada e a Man Baleira.


Pincha aquí para inscribirte

ACTIVIDADE 4  Sábado 21  de maio. “A vida no cantil cos cinco sentidos” Xurxo Mouriño. Biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza.

Hora: 11:00 h
Duración: 2 horas e media
Punto de encontro: Piñeira _ Praia de A Areosa
Número máximo de participantes: 20 persoas

   Xurxo Mouriño propón un achegamento á biodiversidade do cantil. Un paseo para detectar algúns dos seus habitantes agudizando os nosos sentidos: plantas exclusivas da paisaxe costeira, aves coa súas voces, outros seres ou os seus rastros que se atopen no camiño…. un universo enteiro por descubrir.

Pincha aquí para inscribirte

ACTIVIDADE 5
  _ Sábado 28 de maio. “Xeo-ruta dos Pregues” Fran Canosa . Xeólogo de Galicia

Hora: 11:00 h
Duración: dúas horas e media.
Percorrido: Costa de Piñeira
Punto de encontro: Piñeira _ Praia de A Areosa
Número máximo de participantes:20 persoas
 
 

Nesta xeo-ruta, visitarase unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pliegue que se estende desde a Ría de Foz ata a Ría de Ribadeo e que se xerou fai máis de 350 millóns de anos, durante o Paleozoico Superior, pola colisión de dous supercontinentes. Neste sector, camiñarase pola charnela -zona de máxima curvatura-, caso das enseadas da Vella e O Loureiro, ademais de ver bos exemplos de erosión diferencial e descobrir materiais que falan do nivel do mar en diferentes períodos.  

Pincha aquí para inscribirte

ACTIVIDADE 6
  _ Domingo 5 de xuño. “Baños de cores” Vanessa González Suárez de “Siete ranas verdes”. Profesora de ioga e guía de baños de bosque.

Hora:11:30 h
Hora: 2 horas
Punto de encontro: Piñeira - Coordenadas: 43.55173,-7.07101
Número máximo de participantes: 20 persoas
 
 
   Unha viaxe de conexión coa natureza e a calma para achegarse aos positivos efectos dos “Baños de bosque en espazos azuis”, beneficios como mellorar o noso estado anímico, fortalecer o sistema inmunitario, manter a saúde cardiovascular, reducir a glucosa en sangue ou fomentar a cohesión entre persoas, sumando a isto as cualidades propias que xera o entorno mariño, responsable de mellorar o ánimo, inspirar o pensamento creativo, reducir a inflamación respiratoria,  mellorar a osixenación ou incrementar os niveis de vitamina D, entre outras   

Pincha aquí para inscribirte

 ACTIVIDADE 7 _ Sábado 18 de xuño. “Artesanía de namorar”. Taller de coiro Raíces nómadas (Ezequiel Franchi Gil) 

Hora: 16:00 e 18:00 horas.
Duración: 2 horas
Lugar: Estación de tren
Número máximo de participantes: 10 por grupo (2 grupos)
   
Inspirado na “flor de namorar” do noso cantil, o artesán Ezequiel Franchi, propón a creación dun chaveiro en coiro. Para isto, amosará como facer un botón trenzado en coiro, a técnica de acabado de bordes, colocación de remaches e ensamblado do chaveiro. Ademais farase unha demostración da técnica de cosido a man.    


Pincha aquí para inscribirte ás 16h

Pincha aquí para inscribirte ás 18h

 ACTIVIDADE 8 _ Domingo 19 de xuño. “Arte no Cantil e Mapas sonoros. Taller para nenxs ” María Novo. Educadora infantil e directora de ConSentidiño.

Hora: 11:30 h
Duración: 2 horas
Lugar: Piñeira _ Praia de A Areosa
Número máximo de participantes: 20
Idade: Nenos e nenas a partir de 3 anos
   
   Arte no cantil.
A natureza pon a nosa disposición numerosas ferramentas que podemos empregar para crear e soltar á nosa imaxinación. Neste taller, fabricaranse pinturas naturais a partir do que a natureza nos ofrece; pintarase un gran mural en tea, e tamén farase unha colleita de flores, follas, paus e pedras para crear sobre un lenzo en branco. Como remate, un tempo á relaxación para conectar cos sons do cantil a través de mapas sonoros; unha inmersión na sutil música da natureza para crear unha linguaxe que combina a escoita co debuxo, aprendendo a identificar os fermosos sons que animan os cantís.  


Pincha aquí para inscribirte

  ACTIVIDADE 9 _Venres 24 de xuño. “Por qué é salgada a auga do mar?” Os Quinquilláns teatro. 

Hora: 18:00 horas
Duración: 1 hora
Lugar: Rinlo
Punto de encontro: praza de santa Catarina
 
Unha espectáculo ao aire libre para todos os públicos, no que dous científicos exploran teorías sobre salinidade das augas do mar. O tripulante Norai, que cre máis nas teorías científicas e a tripulanta Rías que cre nunha lenda cuxos protagonistas viviron nun lugar próximo. Tras representaren a lenda da auga do mar, os tripulantes organizan unha expedición aos fondos mariños onde atopan peixes de cores e comparten grandes descubrimentos. 


ACTIVIDADE 10 _ Venres 24 de xuño. Actuación Musical da BMMR acompañada da actuación teatral "No fondo do mar” de Os Quinquilláns teatro

Hora: 21.30h
Lugar: Rinlo
Punto de encontro: peirao de Rinlo

 Coa música de fondo da nosa querida BMMR un colorista pasarrúas realizado polo grupo de teatro Os Quinquilláns, propón unha viaxe cara o fondo do mar onde ver as especies máis descoñecidas, os peixes abisais, aqueles que emiten a súa propia luminiscencia; cabaliños de mar, que vogan diante os nosos ollos admirados; peixes de cores, que saen das covas máis profundas; unha raspa xigante dun peixe descoñecido; unha manta raia, dun tamaño moi amigable; e a mítica balea branca, tan fermosa e tan difícil de atopar. Todo isto acompañado polo son da música …..

Compartir: